Saturday 04 de May de 2024

O Concello de Brión levará ás casas do alumnado o material escolar e equipos informáticos precisos para a súa formación


O Concello de Brión, en colaboración coas direccións dos distintos
centros de ensino do municipio, vai repartir a domicilio o material escolar do terceiro
trimestre e equipos informáticos entre o alumnado do municipio. Unha iniciativa posta en
marcha polos departamentos de Cultura e Servizos Sociais de Brión, en coordinación coas
direccións dos centros de ensino brioneses.
A concelleira de Ensino, Sandy Cebral, explica que “nestes momentos estamos recollendo
nos centros educativos os equipos informáticos e o material escolar que será repartido polas
casas de todo o concello por persoal municipal dos departamentos de Cultura, Deportes,
Música e Novas Tecnoloxías”. Así mesmo, destaca que “seguiremos mantendo o contacto
coas direccións dos diferentes centros de ensino deste concello para axudalos en calquera
cousa que poidan necesitar”.